Etiquetas

viernes, 7 de noviembre de 2014

Ciencia que conta

En esta tarea, teníamos dos opciones, o escribir un relato que tratara de algún tema de ciencia, o coger los relatos del año pasado y añadirle una imagen y varios enlaces. Yo personalmente escogí editar una historia del año pasado.
Está tarea me parece interesante ya que jugamos con las historias y también con la ciencia. 


AQUÍ DE DÍA, ALA DE NOITE?

Marta Rama Ferreira
IES Antonio Fraguas ( Santiago de Compostela)


   Un sábado, deica a unha da tarde, Xabier estaba xogando cos amigos ao fútbol cando de súpeto se lembrou dunha cousa moi importante: hoxe era o aniversario de seu querido curmán Miguel, que tiña 8 anos coma el, e vivía coa súa familia en California. Marchou correndo cara a súa casa para chamalo canto antes.

   Á súa nai  pareceulle moi estraño que estivese na casa tan cedo, pero non lle deu importancia. Despois decatouse de que Xabier estaba a andar co teléfono e díxolle:
  -Quería chamar a Miguel, que está de aniversario, e se o deixo para máis tarde vaime esquecer! - respondeulle Xabier.
  -Como vas felicitalo agora? Ti non te decatas, meu fillo, de que alá en California son as catro da madrugada e a xente está durmindo? -reprendeuno a nai.
   O rapaz tardou en responder, pois aínda estaba asimilando esa información. Como que naquel lugar a xente aínda durmía? Na súa casa a luz do sol entraba en torrente pola ventá, o reloxo da cociña marcaba a unha da tarde e a xente toda andaba esperta e ocupada nas súas tarefas matutinas (agás, claro está, os máis durmiñóns). Non o entendía, así que nun principio pensou que os californianos serían coma os mouchos, que durmían de día e iso non casaba moito coa descrición do seu curmán Miguel. Logo preguntoulle á súa nai e esta díxolle:
   -Verás, meu rei, en California hai nove horas menos que aquí. Agora vai xogar un pouco, que teño que atender a comida.
   Esta explicación non lle seviu moito a Xabier, que pensou «Se aquí é a unhas da tarde e alá son as catro da madrugada, xa sei eu que hai nove horas de diferencia, que non son parvo. O que eu quero saber é por que hai esas nove horas de diferenza!»
    Máis tarde decidiu buscar en internet, que dicía algo duns meridianos, dos movementos de rotación da Terra… Pero iso tampouco era moi comprensinble para Xabier.


paralelos y meridianos.jpg

   Entón, o luns, na clase de Ciencias, o rapaz comentoulle á súa profesora o tema que o tivera ocupado toda a finde semana. A mestra, Tareixa, demostroullo dun xeito moi divertido: primero puxo unha cadeira no medio da clase, e a todos os nenos xirando arredor dela, como se fosen planetas; isto era o movemento de translación, o que Xabier xa entendía perfectamente porque era un alumno dos maiores de cuarto curso. Despois, ao mesmo tempo que todos xiraban arredor da cadeira, xiraban tamén sobre si mesmos; isto era o chamado movemento de rotación da Terra; entón, mentres os ollos dos nenos, que representaban a España, vían o moble do medio da clase, a súa caluga quedaba no lado oposto; polo que sea súa caluga fose California,non recibiría a luz do sol nese momento e por iso sería de noite.

No hay comentarios:

Publicar un comentario